A historia transcorre en Dorneda, vila ficticia ambientada en Mugardos. A disputa salta porque os habitantes de Dorneda nunca deron ningún tipo de credibilidade á historia do barco fundido nas súas augas, e moito menos que este tivese unha fortuna oculta....
A historia transcorre en Dorneda, vila ficticia ambientada en Mugardos. A disputa salta porque os habitantes de Dorneda nunca deron ningún tipo de credibilidade á historia do barco fundido nas súas augas, e moito menos que este tivese unha fortuna oculta. Ningún da vila o cría, excepto Manuel, un veciño ao que moitos daban por tolo. Pero todo cambia. Os cazatesouros chegan a Dorneda e poñen os seus veciños en pé de guerra, xa que consideran que, se efectivamente hai un botín que levar, este debe ser para Dorneda e non para ninguén de fóra.