Os problemas de convivencia entre a nora snob, o fillo mimado e a sogra desconfiada non tardarán en xurdir, ante a mirada atónita das galiñas...e de Evaristo, o tío pailán e para moitos tamén un pouco parvo. El intentará por tódolos medios que todos caiban en Casa Manola, ainda que ningún dos seus consellos chegará a bo porto e, o que podería ser un paraíso rural, convertése en cada episodio nun “sálvese quen poida”....
Os problemas de convivencia entre a nora snob, o fillo mimado e a sogra desconfiada non tardarán en xurdir, ante a mirada atónita das galiñas...e de Evaristo, o tío pailán e para moitos tamén un pouco parvo. El intentará por tódolos medios que todos caiban en Casa Manola, ainda que ningún dos seus consellos chegará a bo porto e, o que podería ser un paraíso rural, convertése en cada episodio nun “sálvese quen poida”. O resto dos personaxes da vila non teñen desperdicio: o dono do chiringuito que esquilma os turistas, a nena “ben” que vai de hippie rural e a veciña sempre atenta ós ruxe ruxe que se vai da lingua nos momentos máis delicados.